Monday 06 de May de 2024

Medio Ambiente establece un mapa de aseos para o persoal que traballa estes días na rúa


 

Na actualidade hai 43 baños públicos, aos que a concellería suma catro máis en Novo Mesoiro, Praza da Tolerancia e nas avenidas Fisterra e Pablo Picasso co fin de que os corpos de seguridade, voluntariado, condutoras/es de autobús, taxistas e as/os profesionais de servizos básicos teñan cobertura en todos os barrios da cidade

Desde principios da semana pasada, o cadro de
persoal técnico da Concellería de Medio Ambiente estuda aquelas continxencias
necesarias por mor do coronavirus que afecten aos servizos esenciais que
dependen dela (tratamento de residuos, recollida de lixo, limpeza, auga,
depuradora, etc), pero tamén a outros departamentos. Deste xeito, estableceuse un
protocolo de desinfección de edificios públicos que xa se iniciou no Centro Cívico de
Feáns e que se lle está dando continuidade noutras instalacións deportivas,
educativas e sociais, así como se asinaron protocolos para as empresas
concesionarias de servizos esenciais co fin de garantilos. Esta planificación incluiu
xa no seu momento o mantemento da apertura de aseos públicos para daren
servizo a todos aquelas persoas que traballan na rúa: Corpos de Seguridade do
Estado, Policía Municipal, persoal de Protección Civil, voluntariado, condutores de
autobuses, taxistas, etc.
Na actualidade, hai 43 aseos públicos distribuídos por toda a cidade, aos que a
concellería suma catro novos situados en Novo Mesoiro, Praza da Tolerancia,

Nota de Prensa

Avenida de Fisterra/Tornos e Avenida de Pablo Picasso/Elviña. Están localizados
estratexicamente preto das paradas de taxis e das liñas de bus urbano.
Por outro lado e para dar resposta as suxestións da persoa representante do Comité
de Tranvías, instalaranse cinco váteres nas cabeceiras de liña dos autobuses que
están en Durmideiras, Os Rosais, Praza Pontevedra, mercado de Monte Alto e
Abente y Lago.
Ademais, solicitouse ás firmas concesionarias de 24 aparcadoiros públicos que
permitan o acceso aos seus aseos de todo este persoal. As/os técnicos de Medio
Ambiente examinaron a situación xeográfica dos actuais baños e dos aparcadoiros
para que non quede ningunha zona sin servizo.
Respecto das traballadoras/es da limpeza, o colectivo ten a súa disposición desde
sempre sete “cuartelillos” nos barrios de Montealto, Orzán, Sagrada Familia,
Labañou, Os Castros, Palavea e Santa Margarida, onde poden cambiarse, asearse
e realizar as súas necesidades fisiolóxicas, unha cuestión que reforzou a empresa
Cespa cun coche para o posible traslado de calquera profesional en caso de que a
urxencia así o requerise.